Celebráronose os 15 anos da Saa Nasa, e alí estaba o noso clube de fans, apoiando aos incomparables heroes que vimos idolatrando desde estas páxinas.A actuación, xeitosiña a máis non poder, que digo xeitosiña, digna dos oídos dos deuses, elixir para os tímpanos, chuvia acaramelada para o rictus, foi espectacular. Os nosos ídolos non defraudaron, as voces fluían con ánimo, a compenetración era total, o catro por catro estivo a punto de esnaquizarse de tan acompasados que estaban os sen igual, os inmellorables, OS DA RÍA.
A concentración era máxima, o silencio absoluto na saa, as cantadeliñas ben representadas, os nosos artistas totalmente compenetrados...
E cunha cantadeliña, unha bebedeliña, que a gorxa sempre afina máis cun groliño de líquido.
Enardecido polos grandes xites que interpretaban, enfervorizados ante tal capacidade pulmonar, e cheos de sede de tanto tararexar as cantadeliñas dos nosos grandes, incomparables, inconmesurables, imparables, OS DA RÍA, o público tamén aproveitou para tomar un groliño.
segunda-feira, 24 de setembro de 2007
Nasa
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 11:18
Etiquetas:
15 aniversario,
fotos,
sala nasa
0
Comentarios
quarta-feira, 12 de setembro de 2007
...por que a xente vira louca con OS DA RIA?
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 12:45
Etiquetas:
fabián,
fotos
3
Comentarios
Seguimos virando louc@s con OS DA RÍA!!!
Celebrouse a festa da rúa de abaixo... non sei abaixo de qué pero quedoume claro que non era ni a de arriba, nin a do medio, nin a do olvido, nin a dos suspiros, nin a de sal si puedes... era esa, a única, a de abaixo. Como únicos son os nosos ídolos que demostraron a súa capacidade para deixar a pel no escenario:
E a tal ver, tralas cantadeliñas, despois de facer vibrar ao público, de amansar os ruxidos das feras e altas esferas que amenazaban con varrelos do mapa, suspirando, suplicando, quedando medios calvos algúns, medias sen medias as outras, toleando todos, ata escoitar o seu grande xite BICOS, BICOS... co que... digamos que cambiou a tónica de comportamento das masas e os contactos entre as feras e as altas esferas se fixo máis labial...
Así traballando a esgalla, inda lles quedaba tempo de derretarse todas, enteiras, por dentro, por fóra e polo medio (ía dicir por abaixo, polo da rúa, pero pareceume que podía quedar feo... por certo, ademais de nós, hai máis nenos que lean esta páxina?).
Esto no es lo que parece, que sempre di o que sabe que parece o que é:
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 12:00
Etiquetas:
compostela,
festas rúa de baixo,
fotos
3
Comentarios
sexta-feira, 7 de setembro de 2007
S.O.S. Courel....
Os da Ría estiveron alí, dándoo todo no Courel, facendo gozar aos asistentes coa variedade, orixinalidade, trascendentalidade e divertimento das súas letras. Aquí segue un documento gráfico que reflicte o éxito da súa inigualable actuación:De máis está dicir que todo aquel ou aquela que goste dos nosos heroes e queira ter máis documentos gráficos deles non ten máis ca botar unha chamadiña a esta páxina para que se cumpran os seus desexos, ou no seu caso, Asubiar :-)
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 00:48
Etiquetas:
courel,
fotos,
s.o.s,
ultranoite
91
Comentarios
quarta-feira, 27 de junho de 2007
Xa temos as primeiras imaxes de os nosos afamados
Veleiquí tedes ao Fabián
Andamos á pescuda de máis fondos documentais. Polo de agora eiquí van tres imaxiñas: a voz afervoada de o Fabián, só igualada polo seu movemento de cadeira.
Ao Arturito en plena apoteose, a súa sensibilidade é tan senlleira como o seu movemento de perna.
E o bo de Suso ao pián con as súas mans. Andamos a pescuda de as imaxes de o Olite e de os membros todos a unha. Regocixaivos con o que hai A asemblea fundacional do clube de fans agradece a Galiza Independente a libre cesión das imaxes.
Reportaxe Fotográfico
Estamos a espera de ter unhas afotiños que colgar. Solicitámoslles os compoñentes da banda ou a aqueles que teñan afotos (xa sexan comprometidas ou non) fagan o favor de axuntalas ó correo do Clube - clubedefansdosdaria@gmail.com.
Imos ver si entre tod@s lles facemos un álbum do que estén ben orjullosos os nosos rapaces.
A Secretaria
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 09:59
Etiquetas:
álbum,
fotos
0
Comentarios