Segunda-feira, 9 de Junho de 2008

Os da Ría poderían separarse nas próximas semanas


Na foto, Arturito e Fabián separados por Mónica Castaño con claros síntomes de enfado

Segundo sabemos as tensións entre Arturito e Fabián, que xa se manifestaron en público nalgunha das últimas actuacións, con ataques personais e cruces de acusacións entre os músicos de a banda, están a minar a saúde do grupo que se plantexa, de non atopar unha pronta solución aos seus problemas, unha inminente separación.
Segundo soubo a redactora desta información, as tensións son máis ca evidentes entre os artistas, e son cada vez máis frecuentes as saídas de ton e os insultos cruzados ao remate das actuacións, como puido verse en o paseo central da Alameda de Santiago, co gallo da festa das letras o pasado 17 de maio, ou na última Ultranoite en homaxe a Jhon Balan, onde incluso chegaron a suspender a actuación que tiñan prevista.

Polo momento, Os da Ría suspenderon os seus próximos concertos e non hai citas fixas no calendario en as que poder velos en directo e comprobar se estos rumores son certos.

Ainda que o intentamos por todos os medios, foi imposible acadar resposta algunha por parte dos membros de o grupo ou da empresa de representación que xestiona as súas contratacións. A dirección artística e a encargada de comunicación do grupo declinaron tamén facer comentarios ao respecto.

Quarta-feira, 19 de Dezembro de 2007

Escolle a túa canción favorita

Á falta dun disco de panxoliñas d'Os da Ría, que tanta falta nos fai para un Nadal coma este, no Clube de Fans non queremos aburrirnos nin que vos aburrades así que pensamos en facer unha posta en común da canción dos nosos 'chicos' que sexa a vosa favorita. De entrada o Clube propón unhas cantas, pero podes engadir aquela que quedara fóra da nosa lista.

Cóntanos que canción prefires!!

- Infanta Elena
- Bicos
- Virando louco
- Cando fas pop

Terça-feira, 27 de Novembro de 2007

Lembrades que Os da Ría actuaron en Ponteareas?

Pois si... hai por aí embaixo unha entradela na que se fala dun fantástico espectáculo que ía ter lugar en Ponteareias, no Salón Parroquial. Xa choveu eh!! (como din na aldea) Pois agora, aínda... si xa sabedes que estes da Ría viven nun sinvivir e nun nonparar... e na aborixe diaria non damos sacado tempo para tantas cousas como habería que faguer.. Agora, dicía, chegan as afotos da 'festa' de logo da fantástica actuación, non podía ser doutro xeito, e en breve (agardamos) haberá tamén un vídeo, ou audiovisualiño, da propia actuación...

(Na imaxe que compaña estas liñas: Fabián e Arturito pouco antes do comezo da actuación)

Velaquí temos o guapísimo Arturito pouco antes de subir ao escenario

De novo, pero xa rematada a actuación na que Arturito homenaxeou o performer 'O Sobrado de Abadín' e recitou en orde alfabética os concellos galegos

Para as fans de Fabián vai tamén unha instantánea do cantante desenvolvendo labores de trénico audiovisual antes de actuar

Xa máis fatigado pola actuación, a festa de despois e a noite de Ponteareas

Unha imaxe que fará que todas e todos vos arrinquedes os pelos da envexa. Fan-Lara (promotora de Os da Ría en Ponteareas e creadora do documental 'Conversas con deus', intercambia impresións con Arturito

E de despedida, aquí vos deixamos tamén o trailer do fantástico Docu realizado por Lara e portagonizado polo Turi:

Quarta-feira, 17 de Outubro de 2007

En SOIAREIDADE CON OS ADUAEIROS

As membras de o clube de Fans de Os da Ría queremos facer público e pomposo o noso apoio aos Aduaeiros sem fronteiras pola sabia decisión de fechar a súa páxina ante as ameaziñas de demanda inoportuna e incomprensible de a Iolanda Castano ao través de o seu avogado don Pablo Carvajal de La Torre.

A vergoñenta actitude de a Iolanda resulta incomprensible e merece todo escarnio, e máis tratándose de alguén que vive, precisamente, a conta de a suposta ademiración de unha parte de esta sociedade, que demanda a súa presencia en concursos, programas de televisión, recitais financiados con diñeiro público, etcétera.

Moitas grazañas.

Aproveitamos para mandar un saudo as nosas familias e aos membros de o grupo Os da Ría con os que estaremos este venres en Ponteareas

Terça-feira, 16 de Outubro de 2007


os da Ría en Ponteareas

Queridos e queridas tódolos e tódalas: o xenial grupo Os da Ría comprácese en convidárvolos ó concerto que darán no bar Salón Parroquial este venres 19 de outubro ás 23 h , en Ponteareas. o devandito lugar atópase na Rúa dos Ferreiros, no mesmo centro da vila, moi preto do mercado de abastos e o auditorio Reveriano Soutullo.
Ver mapa más grande

O acto terá lugar logo do pase do documentario "conversas con deus", da realizadora mosense Lara Bacelo.

non faltedes para enxergar os vósos cópolos ó canto de "un dous tres... Andrés".

Segunda-feira, 24 de Setembro de 2007

Nasa

Celebráronose os 15 anos da Saa Nasa, e alí estaba o noso clube de fans, apoiando aos incomparables heroes que vimos idolatrando desde estas páxinas.

A actuación, xeitosiña a máis non poder, que digo xeitosiña, digna dos oídos dos deuses, elixir para os tímpanos, chuvia acaramelada para o rictus, foi espectacular. Os nosos ídolos non defraudaron, as voces fluían con ánimo, a compenetración era total, o catro por catro estivo a punto de esnaquizarse de tan acompasados que estaban os sen igual, os inmellorables, OS DA RÍA.

A concentración era máxima, o silencio absoluto na saa, as cantadeliñas ben representadas, os nosos artistas totalmente compenetrados...


E cunha cantadeliña, unha bebedeliña, que a gorxa sempre afina máis cun groliño de líquido.

Enardecido polos grandes xites que interpretaban, enfervorizados ante tal capacidade pulmonar, e cheos de sede de tanto tararexar as cantadeliñas dos nosos grandes, incomparables, inconmesurables, imparables, OS DA RÍA, o público tamén aproveitou para tomar un groliño.

A Saa Nasa veuse na obriga de agradecerlle aos nosos, OS DA RÍA, a súa presenza, pois grazas a eles o local estaba a botar por fóra. E non minto se digo que contaron tamén coa presenza da grande artista alemana Lili, que malia estar perseguida polos seus innumerables fans, non puido deixar de apreciar o arte dos nosos ídolos, e alá foi, a botarse a eles, a intentar convencelos para que foran a Berlín con ela.
Auf wiedersehen, Lili, os sin par, OS DA RÍA, decidiron ficar con nós. GRAZAS, GRACIÑAS, GRACELAS

Quarta-feira, 19 de Setembro de 2007

Os da Ria en o 15 aniversario de a Saa Nasa



Este sábado, a Sáa Nasa de Santiago de Compostela orgaíza a súa festa de décimoquinto aniversario con 15 horas de espectáculo en vivo e en direito. Como non podía ser doutro xeito, Os da Ría estarán eilí, para vos agasallar cunha sesión vermute como tal evento meresce. A cita: ás 12:00 de a mañá en a Saa Nasa. Haberá vermute e máis tamén pinchos, e todala música e deversión de Os da Ría.