Celebráronose os 15 anos da Saa Nasa, e alí estaba o noso clube de fans, apoiando aos incomparables heroes que vimos idolatrando desde estas páxinas.A actuación, xeitosiña a máis non poder, que digo xeitosiña, digna dos oídos dos deuses, elixir para os tímpanos, chuvia acaramelada para o rictus, foi espectacular. Os nosos ídolos non defraudaron, as voces fluían con ánimo, a compenetración era total, o catro por catro estivo a punto de esnaquizarse de tan acompasados que estaban os sen igual, os inmellorables, OS DA RÍA.
A concentración era máxima, o silencio absoluto na saa, as cantadeliñas ben representadas, os nosos artistas totalmente compenetrados...
E cunha cantadeliña, unha bebedeliña, que a gorxa sempre afina máis cun groliño de líquido.
Enardecido polos grandes xites que interpretaban, enfervorizados ante tal capacidade pulmonar, e cheos de sede de tanto tararexar as cantadeliñas dos nosos grandes, incomparables, inconmesurables, imparables, OS DA RÍA, o público tamén aproveitou para tomar un groliño.
segunda-feira, 24 de setembro de 2007
Nasa
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 11:18
Etiquetas:
15 aniversario,
fotos,
sala nasa
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário