quarta-feira, 12 de setembro de 2007

Seguimos virando louc@s con OS DA RÍA!!!

Celebrouse a festa da rúa de abaixo... non sei abaixo de qué pero quedoume claro que non era ni a de arriba, nin a do medio, nin a do olvido, nin a dos suspiros, nin a de sal si puedes... era esa, a única, a de abaixo. Como únicos son os nosos ídolos que demostraron a súa capacidade para deixar a pel no escenario:










Es máis fóra del:






¡Canta cantadeliña hai neses teus ollos!




E a tal ver, tralas cantadeliñas, despois de facer vibrar ao público, de amansar os ruxidos das feras e altas esferas que amenazaban con varrelos do mapa, suspirando, suplicando, quedando medios calvos algúns, medias sen medias as outras, toleando todos, ata escoitar o seu grande xite BICOS, BICOS... co que... digamos que cambiou a tónica de comportamento das masas e os contactos entre as feras e as altas esferas se fixo máis labial...
O movemento fan traballou arreo para poder saciar a sede de tanto contacto, ... verbal?.... como podedes comprobar (que eu serei moitas cousas, pero mentireira non che son):




































Así traballando a esgalla, inda lles quedaba tempo de derretarse todas, enteiras, por dentro, por fóra e polo medio (ía dicir por abaixo, polo da rúa, pero pareceume que podía quedar feo... por certo, ademais de nós, hai máis nenos que lean esta páxina?).
E así, non sabemos se en casta santidade ou non, as fans derretían, como diciamos, por onde podían, xa desaforadas por lucir os únicos, irrepetibles (e tamén irreparables) autógrafos que tantas horas de tolemia, empuxes, agarradelas e caedelas (e algunha outra discutidela) lles tiña custado conseguir:

Esto no es lo que parece, que sempre di o que sabe que parece o que é:

Os rapaces, cativos, pequenos, santos, sinceros, sempre eles tan prudentes na súa sinceridade, tan delicados nos seus oídos, con tanto tacto, con tan bo gusto, con tanta disposición, animaron tamén aos nosos ídolos como demostra este documento gráfico que non é o que parece:






E animados por tanto bico, tanta cantadeliña, e tanto despiporre, houbo algúns, sensatos, que pensaron que o mellor era unha chiscadeliña e ir ver se lles caera algo debaixo do palco... esta xa será outra historia.


3 comentários:

Clube de Fans de Os da Ria disse...

queridas e queridos fans, esta é una "belida" mostra do segundo traballo da nosa reporteira oficial Meri.

además de reflexar o mellor dos nosos ídolo e das súas actuación, é tamem membra deste clube.

na festa estivemos represetandovos a Presidenta, a Vicepresidenta e a Secretaria, que quixeron trasmitirlles toda a paixon que sentides tódolos e tódalas.

sen máis comentarvos que foron centos as novas incorporacións.

A Secretaria.

Anônimo disse...

hola, estoy emocionada y agradecida por esta reportaxe tan bonita. vexo novedades en el grupo, ¿quien es ese chico tan guapo que toca la guitarra?

Anônimo disse...

É Olite, e non é unha novedade, é membro da nova formación de Os da Ría desde a incorporación de Suso ao piano

:) saudinhos