quarta-feira, 19 de dezembro de 2007

Escolle a túa canción favorita

Á falta dun disco de panxoliñas d'Os da Ría, que tanta falta nos fai para un Nadal coma este, no Clube de Fans non queremos aburrirnos nin que vos aburrades así que pensamos en facer unha posta en común da canción dos nosos 'chicos' que sexa a vosa favorita. De entrada o Clube propón unhas cantas, pero podes engadir aquela que quedara fóra da nosa lista.

Cóntanos que canción prefires!!

- Infanta Elena
- Bicos
- Virando louco
- Cando fas pop

6 Comentarios:

Gabriela disse...

Sen dúbida ningunha a miña canción favorita éche a da Infanta Elena. Que poesía!! Canto romanticismo!! Paréceme xenial que lle compuxeran unha canción tan fermosa a unha muller tan singular como é a Infanta e máis nestes duros momentos que está a pasar...

Graciela disse...

BICOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOS!! Que gran temazo!! Agardo que gañe esta canción porque é sen dúbida ningunha a mellor!!! Para cando o seu vidoclí???

A señora Gabina disse...

Eu xa vou maior para xa hai anos gustábame moito Andrés Dobarro, entón, como non podía ser doutra maneira cheoume de orgulo e satisfación ver que xente noviña versiona ao Andrés. Grazas por Virando Louco.

fanpementeira disse...

bicos, bicos, gustame a dos bicos...

mixi disse...

estou ca fan pementeira: bks,bks,bks,bks...non hai mellor cousa

a pedra de vedra disse...

"Infanta Elena" é moi comercial, non? A min tamén me gustan os "Bicos".