terça-feira, 27 de novembro de 2007

Lembrades que Os da Ría actuaron en Ponteareas?

Pois si... hai por aí embaixo unha entradela na que se fala dun fantástico espectáculo que ía ter lugar en Ponteareias, no Salón Parroquial. Xa choveu eh!! (como din na aldea) Pois agora, aínda... si xa sabedes que estes da Ría viven nun sinvivir e nun nonparar... e na aborixe diaria non damos sacado tempo para tantas cousas como habería que faguer.. Agora, dicía, chegan as afotos da 'festa' de logo da fantástica actuación, non podía ser doutro xeito, e en breve (agardamos) haberá tamén un vídeo, ou audiovisualiño, da propia actuación...

(Na imaxe que compaña estas liñas: Fabián e Arturito pouco antes do comezo da actuación)

Velaquí temos o guapísimo Arturito pouco antes de subir ao escenario

De novo, pero xa rematada a actuación na que Arturito homenaxeou o performer 'O Sobrado de Abadín' e recitou en orde alfabética os concellos galegos

Para as fans de Fabián vai tamén unha instantánea do cantante desenvolvendo labores de trénico audiovisual antes de actuar

Xa máis fatigado pola actuación, a festa de despois e a noite de Ponteareas

Unha imaxe que fará que todas e todos vos arrinquedes os pelos da envexa. Fan-Lara (promotora de Os da Ría en Ponteareas e creadora do documental 'Conversas con deus', intercambia impresións con Arturito

E de despedida, aquí vos deixamos tamén o trailer do fantástico Docu realizado por Lara e portagonizado polo Turi:

Um comentário:

Unknown disse...

Que fermosela noite en Ponteareias! sobre todo pola marabelosa curta do Turi! foi un pracere coñecelo e desfrutare unha vez máis da actuación do's da Ria. Cada día máis fan!

Fanpementeira