
Na foto, Arturito e Fabián separados por Mónica Castaño con claros síntomes de enfado
Segundo sabemos as tensións entre Arturito e Fabián, que xa se manifestaron en público nalgunha das últimas actuacións, con ataques personais e cruces de acusacións entre os músicos de a banda, están a minar a saúde do grupo que se plantexa, de non atopar unha pronta solución aos seus problemas, unha inminente separación.
Segundo soubo a redactora desta información, as tensións son máis ca evidentes entre os artistas, e son cada vez máis frecuentes as saídas de ton e os insultos cruzados ao remate das actuacións, como puido verse en o paseo central da Alameda de Santiago, co gallo da festa das letras o pasado 17 de maio, ou na última Ultranoite en homaxe a Jhon Balan, onde incluso chegaron a suspender a actuación que tiñan prevista.
Polo momento, Os da Ría suspenderon os seus próximos concertos e non hai citas fixas no calendario en as que poder velos en directo e comprobar se estos rumores son certos.
Ainda que o intentamos por todos os medios, foi imposible acadar resposta algunha por parte dos membros de o grupo ou da empresa de representación que xestiona as súas contratacións. A dirección artística e a encargada de comunicación do grupo declinaron tamén facer comentarios ao respecto.
segunda-feira, 9 de junho de 2008
Os da Ría poderían separarse nas próximas semanas
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 22:36
Assinar:
Postar comentários (Atom)
2 Comentarios:
Sihosi, vós separades-vos e eu vou e "o creo" :-D
Estivestes magníficos na festa do Novas da Galiza.
Beiços, beijos e bênções!
Non vos separar ho! é pasar o verán e logo todo é máis fácil para os matrimonios e demais unións afectivas.
e de paso votade por nós en A polo ghit.
Aúpa o Galicia Gaiteira!!
Postar um comentário