quinta-feira, 28 de junho de 2007

Arturito e Fabian saudan ao recen nado Clube

Apañamolos en o Hotel NH recén vindos dunha sesta e denantes de partir para un un bolo en Viana, do bolo, e foron tan maxos de nos enviar unhas apértolas.

12 comentários:

Anônimo disse...

Fantástico Vídeo!!!! Agora Queremos Tamén Un Espacio en MySpace!!!

Anônimo disse...

Alguén pode decirme cando actuan proximamente? Gustariame asistir a próxima reunión do clube. Xa ten data? onde?

Gabriela

Anônimo disse...

a ver... q eu son moi mercantilista. quero saber se formar parte do clube de fans dá dereito a poder follarse a los componentes del grupo por lo menos una vez al mes (aínda que sexa por turnos).

Anônimo disse...

estimada ro, eso estudiarase na próxima reunión. os bicos telos garantizados, do resto temos que reivisar os Estatutos e falar cos membros do grupo.

grazas polo teu interese, ainda que sexa mercantilista.

A Secretaria

Anônimo disse...

secretaria: xa vexo q os queres pa ti soa. terasme en fronte.

cando son as próximas eleucións da diretiva? presentareime. :P

Anônimo disse...

Querida ro, xa me gustaría, pero que si está craro é que as da xunta non podemos manter axuntamento carnal con ningún membro do grupo.

Pero si queres, podes presentar unha OPA á secretaría, e deixame a min tódalas oportunidades.

Bicos ben jordos de "Os da Ría", se queren aljo máis xa cho dirán eles.

A Secretaría

Anônimo disse...

Ao coidado da Secretaría:
Dada a miña admiración polo talento compositivo e interpretativo d'Os da Ría, teño interese en formar parte do Clube de Fans, pero albergo no meu interior unha fonda dúbida: é precisa a condición feminina? Dígoo porque aproveitando estas datas sinaladas podo aproveitar para emprender un cambio de xénero se iso fose menester.
Agardo que me dean resposta tan pronto como sexa posible.

Anônimo disse...

Estimados amigos e futuros socios, espero poder con este comentario, dar resposta a multitude de chamadas, correos electrócios e consultas na rúa. Para inscribiros neste clube debedes de enviar un correo a:
clubedosdaría@gmail.com.

[pronto teremos un formulario no blog]

Indicaredes unha dirección de correo electrónico ou postal, nome e primeiro apelido e o motivo que vos leva a querer formar parte deste clube.

O clube está aberto a xentes de tódalas condicións sociais, ecónómicas (non nos viría mal un "mecenas")e sexuais. Non queremos nin podemos restrinxir a posibilidade de asociarse a todos aqueles que adoecen por "Os da Ría"

Para calquera dúbida, escribide ó noso correo electrónico ou dexade un comentario.

Grazas a todos polo voso interese.

A Secretaria

Anônimo disse...

Ro, non botes por fóra que estes non che andan con ostias. Débense ás fans...
Vivan os da Ría, mal que aínda non os coñeza en acción con ese nome, pero teño sobradas referencias doutras toladas.

Anônimo disse...

Queridos ciudadanos de la España:Yo Juan Carlos,rey de las Españas,quiero felicitaros por esta iniciativa y daros las gracias por la bella canción dedicada a mi familia.
Perdonar que no escriba en jallejo ,espero hacerlo en un futuro.Seguir asi España necesita hombres como vosotros.

JUAN CARLOS REY DE LAS ESPAÑAS .

Anônimo disse...

Estupenda iniciativa,

levo seguindoos nas ultranoites dos últimos anos e morro por ver un espectáculo completo deles. Existe? Onde? Cando?? Gustariame participar nalgunha desas reunións do clube. Cando é a próxima????

Saudossss

Anônimo disse...

Son a vogal A, só quería que vírades que por fin fun ao cíber. A ver para cando pechamos o Obradoiro cun concerto (cobrando coma os bos!)e, por certo, a primeira fila vai estar reservada para a xunta directiva (ja!!)
Abur!!