quinta-feira, 28 de junho de 2007

Formalización do clube


Onte realizouse a primera mesa de traballo do Clube de fans de "Os da Ría". Como vos infomábmos na convocatoria celebrouse nas instalación do NH (agradecemos o trato e atención recibido por todo o persoal).

Foron moitísimas as asistentes, desbordando as previsións da organización, e moitos os apoios chegados por correo electrónico e teléfono, disculpando a asitencia ben por motivos laborais ou profesionais. Entre elas Carmen dende Tarifa, Conchi dende Barcelona, María, Blanca, Mónica e María Malpica, e un montón dos que xa non lembro.

Na primeira reunión de traballo formalizouse o clube, douselle o visto bo o blog provisional (pretendese ter unha leira en ARREDEMO ... eles o merecen). Tamén foi elexida en asamblea democrática a Xunta Directiva do Clube, do que vos mandaremos en breve unha foto e a disposición dos cargos.

Esto é todo dende a parte formal, pero témosvos unha ""sorpresa"", que esperamos poder ofrecervos o longo do día, aquí neste o voso blog.

Na imaxe a foto de grupo de a xunta diretiva nesta primeira xuntancia fundacioal

A Secretaria

Nenhum comentário: