Miguel Delibes
que ben escribes,
como describes a túa terra natal
que é España
coas súas fronteiras
coas súas mulleres
e os seus trenes con literas
ui que pasada
non entendo nada
pero me encanta a túa maneira de narrar
Miguel Delibes
non nos caes nada mal
segunda-feira, 11 de janeiro de 2010
Miguel Delibes que ben escribes !!
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 13:12
Primeiros vídeos de o Chin Chín por Os da Ría
Algunhas de as nóscolas fixemos con os nosos mobiles pequenas e humildes tomas da noite histórica e histérica que vivimos o pasado venres, en o primeiro grande concerto de despedida con o que Os da Ría obsequiaron as duascentas almas que alí se congregaron.
Un concerto que, malia deixar fora alguns grandes temas como O Mojo Lacón, Leva`n un E, Meri Onde vas? ou Hoxe é un día distinto, o día do viño tintom deixou momentos senlleiros como o deste brinde final.
Chinchín por os da Ría !!!
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 01:22
sexta-feira, 1 de janeiro de 2010
quarta-feira, 23 de dezembro de 2009
En fin, despídense Os da Ría
O día 8 de Xaneiro, en a Sáa Nasa daremos a despedida a máis de 12 ans de ledicias e cantarelinhas, en fin, ao cabo, semella que os rumores eran certos.
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 12:58
terça-feira, 18 de agosto de 2009
Os da Ría seguen VIVOOOOOS!!!
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 17:00
Etiquetas: álbum 0 Comentarios
segunda-feira, 9 de junho de 2008
Os da Ría poderían separarse nas próximas semanas
Na foto, Arturito e Fabián separados por Mónica Castaño con claros síntomes de enfado
Segundo sabemos as tensións entre Arturito e Fabián, que xa se manifestaron en público nalgunha das últimas actuacións, con ataques personais e cruces de acusacións entre os músicos de a banda, están a minar a saúde do grupo que se plantexa, de non atopar unha pronta solución aos seus problemas, unha inminente separación.
Segundo soubo a redactora desta información, as tensións son máis ca evidentes entre os artistas, e son cada vez máis frecuentes as saídas de ton e os insultos cruzados ao remate das actuacións, como puido verse en o paseo central da Alameda de Santiago, co gallo da festa das letras o pasado 17 de maio, ou na última Ultranoite en homaxe a Jhon Balan, onde incluso chegaron a suspender a actuación que tiñan prevista.
Polo momento, Os da Ría suspenderon os seus próximos concertos e non hai citas fixas no calendario en as que poder velos en directo e comprobar se estos rumores son certos.
Ainda que o intentamos por todos os medios, foi imposible acadar resposta algunha por parte dos membros de o grupo ou da empresa de representación que xestiona as súas contratacións. A dirección artística e a encargada de comunicación do grupo declinaron tamén facer comentarios ao respecto.
Publicado por Clube de Fans de Os da Ria ás 22:36